Cantos barcos pesqueiros hai en Galicia?

Ben deles aínda que cada vez menos. A Consellería do Medio Rural e do Mar ten rexistrados 4.490 buques pesqueiros, máis outras 1.296 embarcacións auxiliares e destinadas á acuicultura. Unha cifra que varía a miúdo. Dende que a primeira semana de maio comezamos a escribir este artigo, hai 6 barcos menos no rexistro e segundo explican fontes da Consellería isto pode deberse a varios motivos: cambio de porto base fóra de Galicia, falta de permex ou despezamento.

En todo caso, a meirande parte destes barcos faena no caladoiro nacional, no Cantábrico Noroeste. Ademais, segundo o rexistro de buques da Xunta de Galicia, teñen porto base na nosa costa máis de 180 grandes embarcacións que viaxan millas e millas á procura das súas capturas. Falamos das 77 que faenan en Augas Comunitarias como o Gran Sol e cuxos principais portos son A Coruña, Marín, Vigo ou algúns da Mariña de Lugo. Contamos tamén os 111 buques de Gran Altura que traballan no Índico, no Atlántico ou no Pacífico. A Consellería fai un resumo das características da frota aquí.

 

Como manifestamos na nosa primeira páxina do Diario de a bordo, Medre o mar vai centrarse no traballo dos barcos que faenan preto da costa e daqueles que empregan artes menores. Que volume da frota supón? Pois a maioría.

 

Nestas case 4.000 embarcacións de artes menores, a Xunta agrupa tamén o marisqueo a flote. Aproveitamos para botarlle un primeiro ollo a algunhas das técnicas de pesca das que temos datos e que iremos esmiuzando en Medre o mar. Cal é a arte con menos barcos rexistrados? Para sabelo, pasa co rato por riba de tódolos cadros!

 

 

 

Medre o mar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *