Medre o mar Medre o mar

Diario de a bordo. Editorial

As persoas que miramos o mar dende a terra precisamos de quen del vive, de quen o estuda e de quen o regula para entendelo. Esta bitácora nace da curiosidade. Da ansia por saber que están facendo os barcos que vemos faenando dende a praia, que pescaron os que voltan a porto ou que redes están usando os que acada a nosa vista dende o alto dun faro. Aquí comeza, pois, unha marea que vai á procura do coñecemento da pesca artesanal, da enraizada no ámbito local.

Sabemos que hai tantas maneiras de entender o mundo como xente que o observa, por iso convidamos a tódalas voces implicadas a dar as súas razóns. A todas esas persoas que nos regalan parte do seu tempo, grazas.

Medre o mar é unha ferramenta de análise e reflexión dun sector económico complexo e heteroxéneo que compón a meirande parte da frota galega. Queremos que este anaco de Internet sexa un lugar onde contextualizar a información sobre a xente peixeira. Xa Manuel María escribiu en 1991 que cantar soio a beleza do mar non é dabondo. Por iso traballamos para que Medre o mar chegue a ser moito máis que outro relato costumista do litoral galego.

2 comentarios en “Diario de a bordo. Editorial

  1. Meus máis sinceiros parabéns ós autores deste blogue, por rescatar da memoria e da sabedoría popular historias e sentimentos que non se poden atopar nos documentos escritos. Unha forte aperta e avante toda!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *