Entre o Atlántico e o Mediterráneo: Ceuta

José está preparando o bonito para secalo. Segundo Diego, que estaba limpando os trasmallos no porto de Ceuta, o bonito así curado sabe máis có xamón. El e o seu fillo son algúns dos pescadores artesanais que quedan a esta beira do Atlántico. Van aos volaores, salmonetes, besugos… Como os mariñeiros galegos, contan que anos atrás os seus pequenos barcos ocupaban boa parte do peirao. Tamén notan que cada vez cala máis lixo e menos peixe nas súas redes por culpa, seica, da pesca deportiva e do pouco controlada que a teñen as autoridades. Desta e outras historias que se atopan igualmente entre mares imos dar conta en Medre o mar.

Todo isto para dicir que por un tempo estaremos atracados en Ceuta. Iso si, viñemos cargados con moitos temas na bodega que hemos ir publicando aos poucos nesta lonxa virtual.

Medre o mar!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *