José Domínguez no peirao de Corcubión co “Golfo Pérsico” ao fondo / DANIEL GARCÍA

José Domínguez: “Loitamos contra barcos de 30 metros”

A Confraría de Corcubión ten 25 barcos rexistrados. Agás tres- o Hijos Romero, o Hermanos Silva e o Santa Rita- son todos de artes menores. Van ao polbo ou á pescada. Un deles é o Golfo Pérsico, unha embarcación da 3ª lista de 13’70 metros de eslora. Coñecemos o seu patrón a través dunha veciña de Sardiñeiro que nos falou unha noite del. José Domínguez, Pepe do Neto, é un home de mar. Sabe del o que aprendeu despois de 40 anos pelexando coas ondas e con quen se puxo por diante dos intereses que defende: os dos seus mariñeiros.

Fala abertamente de “camións e camións” de peixe que entran no mercado en negro e da conivencia da Administración coas grandes empresas pesqueiras. A súa principal loita: o arrastre. O patrón maior da Confraría da Virxe do Carme de Corcubión leva anos pedindo que estes buques abandonen esta arte por outras máis selectivas e que se afasten da costa, onde faenan os barcos de artes menores coma o del.

Domínguez, coñecido moito máis aló de Corcubión, encabeza marchas pacíficas que xuntan centos de persoas pola pesca artesanal. Falamos con el sobre os 26 anos que leva á fronte do pósito e de como neste tempo foron mudando as reivindicacións de armadores e mariñeiros.

Medre o mar!

Un comentario en “José Domínguez: “Loitamos contra barcos de 30 metros”

  1. Nuestro deber salvar las especies marinas empeligro de extinguirse, y recuperar el número de individuos ,ame asados por los barcos de arrastre.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *