“Xefa”, a “Xica” e a tripulación do “Jesús Nazareno”

Memoria do mar: “Xefa”, peixeira

É día de volver ao mar. Pensou tal día coma hoxe hai 70 anos José Ramón Fraga, “Lacón”, patrón do Jesús Nazareno. Era a costeira do bonito e con el embarcaron outros once homes de Foz, confiando en que deixaban o mal agoiro atrás, canda as ofrendas á Virxe do Carme.

Na súa memoria, a patroa dos mariñeiros desfilou este xoves pola rúa que leva o nome da traxedia, sobre unha alfombra de flores que debuxaba o 1945, ano do naufraxio que marcou a historia recente de Foz.

O afundimento virou e revirou as vidas das 8 viúvas e dos máis de 20 orfos que deixou en terra. Josefa Fraga Couto, Xefa, é filla, sobriña e irmá de náufragos.

Medre o mar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *